Podo ser

Hai un paréntese na miña cabeza.

Un deses que non precisan de haxix, pero que conseguen o mesmo efecto. Non o das risiñas, non o da fame de colacao...

Teño as emocións a cen por mil e, ao mesmo tempo, carezo delas.
Sinto como a miña pel respira e tamén como afoga.

Sinto a náusea e o pracer de senti-la náusea.


Experimento o valor de experimenta-lo medo.


Síntote.


Esperto dun sendurmir, cos ollos inchados e a gorxa de azafrán. Percorro narcolépticos pensamentos e alimento as miñas soberbias.


Teño sono pero non sei con quen durmir.


Hai presa mais descoñezo a onde ei chegar.


Téñote.



Entre barracóns cheos de soidades, hai quen berra: Podo ser...

Unha princesa entre folla-amigas,

un planeta nunha illa, un tesouro nun caixón,

unha empalagosa canción indie, unha chave no teu peto.



Pero mentres, anoto receitas literarias no meu cerebro, encanto cans no despacho e merco desexos alleos porque...

Podo ser o que eu queira,



sempre que non moleste a ninguén




-ou incluso.