Falar bonito

Hai un remuíño na miña mente:

eu non teño un falar bonito...

E é que os pais inoculan nos privilexiados herdeiros da nosa cultura, xenes inversamente proporcionais aos meus. No mesmo, as nais dos movementos sociais bérranme pola miña pouca militancia aos meus propios intereses.

Non hai heroínas nas miñas veas,

nin fumadas, nin nifradas...

Non hai kitkats de marihuana...

Mentres os irmáns aprenden nos vellos filtros tóxicos da musa, eu controlo o meu peso. E cando as irmás disimulan a mirada, sinto como me rifan sen escarnio: -non teño collóns e, os meus ovarios son invisibles.

Non sei bailar nas verbenas

dos que perturban a globalización

con poses endogámicas. Non vou de zapato baixo,

non escribo en maiúsculas,

non teño público.

Pero, a pesar dos pesares:

O meu cerebro aprende,

o meu corpo sinte,

a miña alma... consinte.

*Á xente neofalante, neofeminista e apoucada...