A casamenteira

A miña avoa Francisca




A Balteira pensa no que lle din:
-Non é o mesmo: quen te quere que quen quere sexo contigo

Perplexa escoita como el está convencido de que, na súa cama baleira, hai un home tódalas semanas.
-Non podes pasar de amante a ser a nai dos seus fillos

Amedrentada escoita como lle está a dicir que nas cousas do amor os camiños parecen ser os mesmos que os que din que pisaron as súas tataravoas, bisavoas, avoas, nai...

A Balteira fala para si: -A vulnerabilidade proa

-Disinto
-Que?
-O meu último amor, o último amante... non os escollín eu

A Balteira non pode desprenderse desa sonoridade que a acompaña: do desexo da calma que nunca tivo. Apertas físicas e conexións orgánicas misturadas con complexos casamentos emocionais.

E de novo, fálase a si mesma: -Nin infinitos xogos de caza impedirán a traizón, nin o acto do aquí e agora, perpetuarán un inevitable fracaso sentimental




"Non quererei mais a ninguén,
nin darei a man a algún,
que amor, soamente un
se pode ter, para ser ben."
Antonio Benito Fandiño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena