Demiurgo

Somos tan tremendamente fillosdedeus que cremos, e así vivimos, que o máis importante na vida, é a propia. Reforzamos o noso harpagon-pensamento, experimentamos coa sensación de premios de infelicidade.

Queixámonos dos camiños que nos tocaron percorrer, choramos o sangue que circula polas nosas veas. Respiramos na anguria dos que se rodean a si mesmos. Cremos que excretar na gorxa dos demais é o noso dereito, e que monologar é máis, é un deber:

-Que o saibas...

Conciliamos as nosas respostas co longo das nosas pernas e o ancho das nosas cadeiras. Concedémonos poderes.

-De que te disfrazaches hoxe?

Roncamos ao ouvido do que adoece porque abramos os ollos para bicarnos. Concentrámonos en nós mesmos.



Somos xente de acolá.