Rei-vindico

A miña falta de saúde mental, porque si, porque quero:

-Porque se che fago mal, por suposto, non son responsable.
Porque neste huxley´s world regalan soma nas farmacias.
Porque o do sindicato vai berrar por min e o avogado -a cambio de boa minuta-, tamén o vai facer.
Porque se quero, agora mesmo, ti... vas chorar por min.

Non preciso de diagnose, porque si, porque eu xa sei:

-Porque da miña (mala)educación, por suposto, non son responsable.
Porque o médico vai recetar por min e o amigo, se falla, o vai mercar sen ela.
Porque se me peta, a administración vai reclamar e, no mesmo, vaime defender nun xulgado.
Porque se quero, agora mesmo, ti... vas (a)gardar por min.


Rei-vindico -como non!-, a miña propia inestabilidade,
o meu egoismo infinito.