Mousse

Así de preto véxoa moi pequerrecha. Curioso, como non me din conta: Es máis baixiña!

-Es moi atractiva!

Pero exactamente, que queres?

-A verdade é que as dúas somos moi atractivas! Eu son moi atractiva!

De que vai isto? Es mona, pero tampouco. Vamos, que nin ti nin eu estamos para pasarelas...

-Teño corenta e seis anos...
-De verdade? Non, non, iso non é certo... Pero de verdade?



Pero que demonios queres? De verdade, si, de verdade, sorprendida?

-Tes pintalabios? E perfume?

Pero, de que vas? Isto é surrealista. Teño que mexar...

-Toma esta mousse...
-Así vou coma ti...

-?
-E perfume?

Para que? para ulir coma min?

-Sinto, teño que entrar no baño...


A miña idade, descubrir que as ilusións ópticas despertan ensoñacións paralelas que pervirten a realidade propia, é madurez. A túa, namorarse de alguén que tira a máis dunha banda é un xogo de nenas, non si?