A vaca polo que vale


Douscentos cincuenta e dous días despois, un monstro paire a un monstro. Ten ollos de neno, pelo de gato e na fronte un corno.

-Estela, onde vas?
-Cara o castelo
-E logo?
-Parece que o neno da Odulia caeu e mandaron vir unha ambulancia
-Vaia, espero que non sexa nada
-Xa cho direi
-Bueno se fago falta...
-Non te preocupes, haberemos de chegar...

Malditos rapaces! Un día imos ter unha desgraza...
-Estela!
-Si?
-Chama a Fernando, que o neno vai en urxencias...
-Pero, é moi grave?
-Non se sabe, pero parece que se deu na cabeza

Merda de nenos!
-Manolo?
-Si?
-Está contigo Fernando?
-Por?
-O neno...
-Lle pasou algo?
-Caeu
-Pero, foi moito?
-Non sei, pero non dou co Fernando
-Bueno, a ver se o consigo eu
-Pero, non está contigo?
-Xa me encargo

Demo de nenos!
-Lois, está convosco o Fernando?
-Non, non pediu o día?
-Non sei
-E logo, por?
-O seu neno que caeu
-E foi moito?
-Non sei... Vou chamar ao encargado...
-Si, mellor... Que non sexa nada...

Maldita sexa!
-Sabes do Fernando?
-Si, parece que tiña que ir ao médico coa muller
-Ah...

Merda, merda, merda...
-Podo sair un momentiño?
-E logo?
-O carallo! Podo sair ou non?
-As tres tes o cambio...
-Ei de chegar antes!

Hostias!
-Nela?
-Home, e ti?
-Está o Fernando?
-Non sei, igual
-Está ou non está?
-Xesús, vou mirar!

Poida que si, pero...
-Pero merda! Chámao que baixe!

Pagaches o servizo? Digo porque o que ven agora...
-Onde está?
-Aaah...
-Non, non...

Filloputa, dos teus pecados, estas lerias!
-O neno, o neno...

No cruzamento das angustias, unha mala idea: Se estivese, se estivese, ai o neno... Que fixen!

(-Ai meu Fernando, aínda non sabes o que)
-De verdade?
-Si, e cando llo vas dicir?
-Xa llo dixen... Está mañá
-E que dixo?
-Pouca cousa, e por riba cando veu o Manolo marchou tan apurado
-Pero, valo ter?

Andan nunha danza -clube arriba, clube abaixo-. Andan nun enterro. Andan, sen coraxe, intercambiando almas...


- Que se foda!