Aprendendo a amar




Diante da rúa de Teo, xustiño debaixo do muro de Bonaval, as mimosas e outras bestas herbáceas coidábanse de se criar. Pola tardiña, dun sábado o Manoel, a María, o Xacobe e a Pilar baixaron a xogar.

A quen se lle ocorreu, non o sei, pero, o Manoel e a Pilar comezaron a bicarse. O Manoel entendera moi ben ao irmán: -Con lingua.

-Pero, como é?
-Ti metes a lingua, e despois a retorces

A evolución no nivel de perfeccionamento foi boa, creo que mellor que a do Xacobe e a María. Home, non era que se puxeran a comparar pero parecían, así ao lonxe, tan concentrados no traballo que non se discutía.

-Manoel!
-Que?
-Vasme marear!

O tema rematou como empezou, nun segredo a catro bandas, no que ningún deles o voltou a nomear ata que oito anos despois se atoparon na Liberty.

-Merda para el! -pensou a María
-Imos?
-Un malibúconpiña
Con quince anos a Pilar comezou a sair co Pablo.

-Pero, de verdade que é a primeira vez?


-(Que saio a estrada si, o outro foron as prácticas)