Aceite de limón


O máis terrible dos mortais non filtra. Mercou un arma, a pesar do xuíz. Recortouna.

O peor dos homes escolleu a seu animal. Ten os ollos escuros e ule a aceite de limón.

-Nena, non che prometo nada

Brilan as bágoas que aínda están por sair. O máis odioso dos homes quere amala a súa maneira.

-Coido que estás enfadada

Os dentes apretados, o estómago encollido. A caricia máis repulsiva na súa pel.

Entre os dedos, o pescozo.

-Paxariño

Bang.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena