Mentres espero






As cinco da mañá, as manoplas húmidas, o abrigo apreta por riba dos xerseis. A nai rifa.
-Mira para o chao, vas caer!
Os toxos pinchan nos pantis, os pes tropezan coa presa. A nai rifa.


-Queredes correr!
O autobús cheira a coiro vello, as vellas ulen a cociña de ferro -e a chourizos e, a xabrón de graxa-. A nai rifa.


-Senta!
A bolsa invita ao vómito, fora segue o frío. A nai bate.
-Sentádevos!
O anpián traga e escupe xente en Celanova, na Mezquita,... A nai berra.
-Veña que hai que baixar!


Na rúa un home espera, mira ao autocar. Busca as nenas, a muller. A nena grande espera, mira un home que espera, que mira ao autocar, que busca as nenas, a muller.
-Papá!
As barbas pinchan, a pequena chora, non lle quere colo,... A nai ri.
-É o papá, tranquila, é o papá



-Mamá, cres que aínda nos anda a esperar?