A fume de carozo



Un epitafio, moitas das veces, éche o fin dun soño. Servidos entre caldos e costeletas -de pescado pouco fun- foron algún dos meus amores. Amores? Por chamalos dalgunha maneira, porque se o penso moito non che sei... O que si sei é o que non foron:


-Para todo o resto da vida


E é que aínda que baixo algúns parámetros é pouco tempo -a morte sempre chega demasiado pronto- no caso dalgunhas aventuras, foi máis que suficiente.


Adela, non foi a mellor das historias, un conto pouco atractivo, diría eu. Pero acadou o mellor epitafio que se lle pode por a un the end...


A muller en cuestión tiña os ollos azuis máis incribles de todos os que algunha me viron espido. Os beizos máis vermellos, as pernas máis longas, as unllas de salón de peiteado, o cabelo máis suave... Unha boa posición social -funcionariaporconcursooposición-, saúde mental equilibrada, capital cultural respetable... Pero Adela, tamén tiña outra cousa:


-Un cadelo


Rober, un pinscher insoportable que, ao contrario do que poidades pensar, adorábame.


Sentín ese amor obsesivo dende que entrei por primeira vez no seu apartamento. En calqueira lugar -na rúa, na casa-, en calqueira momento -polo día, pola noite-, estivese con quen estivese,... viña a por mín.


Aos dous meses de relación, Adela cansada da actitude de Rober comenzou a recriminarlle a súa atención sobre a miña persoa. Comenzou por el e seguíu por mín. Aos tres meses fería con cada pensamento que nos adicaba.


Chegou, incluso, a deixarme o can algunha vez -sen meu consentimento-, coa retorcida esperanza -inútil- de que ao convivir perdería o interés por mín.


Nada máis lonxe! Eu espertaba no cadelo un sentimento que, por non compartido, non comprendía. Pasaran dous meses máis, cando paseando con ela, viume e cruzou a estrada.


O final, non por triste, deixou de ser ridículo. Aplastadiño coma un gato, desfeito.


-Sinto


-O que? Que o maricón te amou?