Cabaliño de mar




Un déixame que che explique, colle desprevenida ás razóns da miña entreperna.

Mentres me acaricias, estou a pensar se me bica o teu animal. Aproveitado o momento -escollidas as bragas que non vas ver, seleccionado o perfume...-, en que agardo que mo propoñas, -non vai tardar.


Percorridos os buracos da estancia, ata atoparse un co outro. En estado cataléptico no tempo e espazo, nos miramos dende cadanseu rincón.


Mordidas as costelas, o pescozo, as orellas. Ulida a pel, masticada. Coordino a miña mente co meu sexo. Tamén, como con calquer outro produto que merco, preciso calidade.




Álvaro:-Señora, virás?

Ana:-(Se me amas), irei

Alvaro:-Pronto?

Ana:-(En canto me ames)

*A L. A. Clarín, grazas