Por non estar léveda de todo




Hoxe sorrío, non sei por que. Tanta dozura sinto que parece parida por muller, pero non... foi cousa de tres homes:


O primeiro: Quico*.


Diante dos vidros da súa mirada, entre os seus dentes. Q é o espello dun carnívoro que vomita cebada -dicir doutra maneira sería insultalo, entendámonos: os vexetarianos vexetan, sen máis.


Trato, apoiada en atrevida arrogancia, a súa paixase persoal coa espectadora de platea. Enfiar as verbas e escoitalas. As dela, as de Q.

Pensar, como sería unha noite vexetando con Q?


O segundo: Ti.

Detrás da sombra da túa cadeira, entre eles e T. T é a psique que espera a cupido -dicir doutra maneira sería un insulto, entendámonos: cupido celestinea, sen máis.

Apoiada no matusalén, mentres trato a túa paixase persoal coa amiga que se deixa bicar na meixela. Enfiar os ollos e adiviñalos. Os dela, os de T.

Pensar, como sería unha noite celestineando contigo?

O terceiro: El.

En fronte as margaridas, entre o pe-cé e E. E é o reflexo del mesmo e dos seus desexos -dicir doutra maneira sería insultalo, entendámonos: as imaxes recrean, sen máis.

Apoiada no teclado investigo a súa paixase persoal que se deixa violentar con pensamentos revoltos no blogue. Enfiar as ideas e estructuralas. As deles, as de E.

Pensar, como sería unha noite recreando en Lisboa?



Grazas, meu cupido.

Grazas, miña psique,

por non estar léveda de todo.




*Cadaval, premios maríacasares e máis