Soñando a Pessoa

Medos dunha muller vulgar,
dun lugar, dun tempo,
cun pensamento pouco extraordinario.
Neglixentes e insolentes
rancores a procrear,
cun discurso non moi disciplinario.
Medos dunha vida vulgar,
de esquecida muller repelente.
Medos covardes,
torturas das angurias
que se agochan
mais alá da gorxa.