Queixo con marmelo



-Vai

-A onde?

-O neno?

-Si

-Vai ao concello, a falar con Afonso

-E logo?

-A ver se o mete na textil

O Paco pide unhas gotas. O Rafa pensa que aínda é pronto para ir á parada.

-Difícil

-Por?

-Parece que Verínguez quere marchar

-Como, marchar?

-Se non lle dan o terreo para a nova planta

-Ee?

-O Ramón bota lume

-Porque a alcaldía non é deles, que se non...

-Teñen razón

-Se fora deles, a ver se era quen de lle negar nada

-Xa

-Por suposto, o Lois sabe contar, no censo e no inem.

-Canto é o pib de Galicia?

-Como?
-Iso do que falan no telexornal

-E eu que sei! nin sei o que é

-Din que é o sétimo home máis rico do mundo

-Xa

-Se ten cartos...

-Por iso

-Os ricos xa son ricos xa teñen premio dabondo.

Non lle teño que facer a ola*, a de auga non a de viño... Pero se marcha, o Afonso vai ter que pensar en voltar a traballar na tenda. Se o seu pai volve ao despacho, o que vai pelexar co gando vai ser el. O Lois sábeo, como sabe que a gardería quedou sen subvención.

-Non me queixo

-De que?

-Non doen prendas

-?

-Na nosa terra, non doen prendas por eles

-Que dis?

-Cobrouche a tarxeta a Caixa?

-Cobra por todo


O de Peares herdou -know how político-, a linguaxe de robinhood, aínda que non se trata de roubar senon de mendigar. Porque o noso pib depende de repartir o que mendigamos a Bruxelas, a Madrid.

-A onde vas?

-A recoller as nenas

-E logo a que hora chega o bus?

-As seis

-Non sen tempo

Plans de viabilidade baseados en que o pobo-verme se misture co penso traído de fora para alimentar aos voitres apostados nos seus púlpitos. Puntos mortos, so mortos para os que solicitamos salarios-sociais. Deber de salvarlle o cú, mentres o noso está espido.

Mercamos pañais para os nosos fillos, para nós e para os avós. Mercámolos coas pensións das nosas avoas. Pensións non contributivas porque a lingua, as filloas e o souto sobrivente, non cotizan.


-Pero... non me queixo

Non podo facelo mentres estou a chorar vinganza por aldraxes importadas... E é que a culpa é da zeta-e-mailo-pe e do marmelo ao que lle botaches demasiado azucre.

*onda