Pensamentos acoitelados: Bum bum

Non podo desprenderme dos zapatos
que acompañan as verbas,
dos meus relatos.
Dese runrún que matiza o que sinto
-de verdade, aínda que queira-,
cando escribo.
Déixame que che explique que preciso
-a poder ser mercar-, sonoridades
-mellor que roubar-,
que devolvan a calma que, nin de nena,
tiven na miña alma.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena