O xiz de Caín


Quedar sen recreo polo igrego e máis o eledobre, foi unha novidade, e como tal, dolorosa. Entrar na clase de cuarto e esquecer o que a mestra de primeiro che encargou -alí diante dos maiores-, foi como tal, doloroso. Non entender a onde tes que ir -no teu primeiro día-, no novo colexio... entrar a destempo na clase, decatarse da mirada pasivoagresiva da monxamestra -perder a túa irmá entre todas a nenas-,... todo aquilo foi a maiores, doloroso.
-Ana
-Si?
-Imos xogar?
-Estou coas miñas amigas

Escoitar os berros da nai -quedar sen merenda-, polas acusacións de irmacidio, foi ao fin, repetidamente, doloroso.

-Belén -polo móbil
-Si?
-(Bótote de menos) Que tal mamá?

Presentir que os fillosdedeus son finitos e imperfectos, que apestan nas súas enfermidades e medos...