Xastre ou xardiñeiro?


-Non parece bo tempo para a poda
-E logo?
-Moitos andan a pasar a tixeira

O aire da tendabar está cargado -as leis non contan no findomundo, alóterradentro, en Cabeza de Vaca- e, vai frio para botalo fume fora.
-Pero que fas, carallo? Cantan bastos!
-Merda!
-Está na partida que senón voume!
-Quen anda na poda?- pregunta o Manoel

Berra o Orencio dende a barra:-Pero ti que dis! os camiños están que non se pode andar neles! non se distinguen as leiras dos montes!
-Métete no teu! non me refiro a iso!
-Entón?
-Aos merdáns que andan a botar a xente!
-Xa, o paro!
-O paro? O paro! O que pasa é que hai moito xastre!
-Como!
-Si, como o de Peares!
-Xa estamos, deixa a política e atende as cartas!
-Bo pequeno xastre valente!

O Roman mantén ao xenro, a sua filla e aos dous netos. Bueno, mellor dito as contas da sua muller.

-Sabe ben como se recorta, iso si... pero cando se trata de producir...
-Xa, xa
-O que eu digo, fan falla mais xardiñeiros e menos xastres
-Ou ao revés...
-Entendémonos... non é bo tempo de podas...