O cabaliño de buxo



Papá trae un regalo. A nena case non levanta seis anos do chan a pesar de que ten oito. O conto das tapas azuis parece moi serio aínda que fale dun neno.

Mamá rifa porque non hai que gastar os cartos. Ana sorrí e marcha para o cuarto de papel.

Entre as paredes húmidas a meniña ule as follas novas.

-Cear!

Non ven.
-Cear!

Non ven.

-Estouche a avisar, deixa o libro, estamos esperando!
-Vooou

Non ven.
-A mamá di que vaias cear -Belén
-Quítalle o libro ou vou eu! -a mamá
-Veña deixo, xa o acabarás despois -o papá

Non ven.

-Que che estou a dicir! Non escoitas!

Sen libro. Sen cea. Con dúas palmadas nas cachas.

-Ana? -a irmá
-Que?
-Non chores
-Non choro
-Entón?

A nena non lle gustou o final do conto.