Dog days are over

Se esperas un pouquiño son capaz de ver as túas mans a través das pálpebras. Son quen de durmir nos teus brazos, comer as túas sobras. Engordar co teu alento. Escoitar os milagres que se narran nos camiños de cara o supermercado. Perderme neles.
Tamén podo esquecer a hostia que me deches antesdonte. A de mañá. E despois dunhas catro bágoas, máis ou menos, empurrar o cochiño do neno que está por criar.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena