Chin chin


Esta noite vai algo máis de frío. O cadelo trema entre nos os dous, entre o camiño e os meus pes, entre a miña anguria e o meu espíritu, entre a soidade e eu mesma.

Mentres avanzo pola estrada, tras o cuíño do frenchy, penso no diferente que foron as cousas, no fría que te volveches, no morto que te quedaches. Lembro os agostos, a corenta graos, abaneando nos garabanzos, os setembros pisando nas uvas, os outonos baixo os castiñeiros.
Boto de menos a miradanai cruzándose coa miña, os seus berros por chegar, de xogar, pola noite, os contos mentres me daba de almorzar -aínda que fose o de Barbazul.

Non teño o aromapai máis que nun frasquiño mercado nos oitenta. Non lembro a súa voz. Penso nos osos sen carne, nos pasos tra-la porta.
No espello, unha muller espida de bágoas salgadas. Non hai perda, non me vou matar. Collo unha copa e enfróntome ao reflexo:

-Un brinde polos mortos que quedan por enterrar...
neste ano que está a piques de comenzar
*Deseño da imaxe por Carmen Quijano