Lela


-Cando voltaches?
-Vai uns días
-E, que tal en Madrid?
-Ben, pero botando de menos a Terra
-E que, como na casa!
-Jaja, en ningures
-E viñeches por moitos días?
-Ata pasar o Nadal
-Ah, bueno

O Ricardo non ten presa, vai a Caixa a arrenxar o da contribución e logo baixará ao bar do Nando. Ten gañas de ver a súa filla.
-Carlos
-Ei, Ricardo. Cando voltaches?
-Vai uns días
-E que tal?
-Ben, pero...
-En casa como en ningures
-Si, jaja
-E, traes moitos días?
-Ata Nadal
-Pero, o Nadal?
-Non, o Nadal pasoo aquí

Menos de tres minutos tardou en arrenxar o da contribución, a metade de tempo que en despedirse.

-Vémonos logo

Condanada auga, xa podería deixar de chover un pouco. Non parece que haxa moita xente.

-Un café
-Ricardo!
-Carmela!
-Unha aperta, meu neno
-Como estamos?
-Coma sempre
-Cando voltaches?
-Vai uns días
-E, que tal?
-Ben
-E, tras moitos días?
-Ata o vinteseis
-Entón, o Nadal o pasas aquí...
-Si, coa familia

O Xosé entrou, saúdou, recolleu o encargo da muller e marchou. Os rapaces da Xoana saíron correndo en canto lles botou un berro dende a porta.

-E o Nando
-Na casa
-E, logo?
-Xa ves, dende o da Nela
-Dende o da Nela?
-Non soubeches?
-Non sei de que falas
A Nela aforcarase no día de todos-os-santos. Escribira unha notiña a súa nai, a muller do Nando, que morrera ía cinco anos.

-Mira ti, á súa nai

"Miña naiciña, non soubeches o que fixen, odieite tanto que desexei a túa morte. E morta ti, odieime tanto que desexei a do meu pai. E como non morría, pensei, para matalo, so hai unha cousa, matar a súa filla. E entón, miña naiciña, decidín morrer."

-Volveuse tola?
-Uns din que xa estaba
-Non che sei, non sei nada

A agulla cravóuselle na gorxa.

-Que fas?
-Lavar a saia
-E logo?
-Esta sucia!
-Non me berres
-Pero, que fixeches, andiveches a pelexar cun can?
-Un lobo diría eu
-Serás Lela!
-Non me chames Lela!
-Pero, Lela
-Díxenche que...! -berrando histérica
-Nela sabes que é unha broma -asustado

O diaño está na casa e, Lucifer está invitado.

-Pero, que che pasou?
-Nada, nada -botando a chorar

O Ricardo apertouna forte, a Lela pechou os ollos e deixouse aloumiñar.
Miña nena que agochas entre as pernas que o diaño cho quere roubar. Que andas a mostrar que Lucifer lle anda a axudar.
-Mamaíña... (chorando baixiño)