Again


Estar envoltos, é dicir sen estar casados, é como un garfo sen dentes, é un compromiso sen rede. Sete meses, vintesete días e catro horas agardando que non espertes cos meus ronquidos, que non che dé noxo o meu alento. Que non teñas que perdoarme que hoxe me deixase levar pola intimidade do baño, que tinguise cos meus pantalóns, os teus; que adormecese no sofá.
Coido que non sei por onde seguir, a que altura estou, pero, -xa ves!-, detrás do meu desnudo... as miñas tripas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena