Ei, lastana*


No ano 2009 aproba as oposicións na Diputación. Trinta e oito anos despois de que os seus pais migraran a Cataluña, regresou coa esperanza de que o traballo non fose demasiado complexo, os pisos estivesen máis baratos e o seu mozo non a deisaxe. Cumpríronse todos os temores.

Un ano despois a Carmela tocoulle (en sorte), pola bolsadealugueiro, unha vivenda en Rabo de Galo. Cousas dos programas de repoboamento das zonas rurais.

Do lugar so coñecía o cartel que se atopaba xunto a estrada en dirección as Charcas*. Cando o viu por primeira vez, sentiu algo de indiferenza. Vivían algo máis de catro veciños e medio. Iso se se contaba a Odulia cando baixaba do monte.

Tiña presa por deixar o piso en avenidadezamora. Aínda que tardou máis de oito meses en poder disfrutar dun día de amoresexo con Gerardo sen que as cousas da mudanza non estivesen polo medio. Despois diso, chegou a certeza de que odiaba o frío inverno e as xeadas, chegar a comer as catro e que, Gerardo non ía deixar Lleida.

Pola astena-gusia de Bilbo, decidiu que precisaba fuxir e foise pasar uns días cos seus curmáns. Mal pensado.
-¿De dónde eres?
-Catalana, bueno, gallega. -con coquetería-Nací en Santiago, pero viví muchos años en Barna, lo que pasa es que ahora trabajo en Ourense.
-¿Orense?
-Ss-ss-sí

Meses despois da conversa, por todos os santos, contaba os días que quedaban para o magosto. Asier víñase.
-¡Me encanta!
-Me alegra.
Todo o que viu de Rabo de Galo foi o que se ve dende a ventá do coche, ao chegar e ao marchar.

-¡Te quiero!
Dixo mentres sopraba a cuchariña do café. Dixo e non o voltou a dicir máis, alomenos á Carmela.

-Vas vir na ponte? -no teléfono
-Se vos non vindes a Galiza...
-Non, ao teu irmán non lle dan os días e imos a axudalo cos nenos

Pero non foi, a anguria de dous fracasos sentimentais -tan xuntos- era difícil de soportar así que, aceptou a invitación, a León, do seu amigo Álvaro.

-Tes mala cara

-A de sempre

-Non, que che pasou?

-Ai, que foi do meu animal!

-Pero, que dis?

-Tanto me alonxei!

-De que, miña nena?

-Das estructuras sinxelas dos filmes americanos

-Pero, que hai de "animal"?

-Que vai ser... a química!

E bicouno... só por caridade.

*Lastana: Ata onde eu sei "querida" en euskera