A outra morriña


As veces cando esperto, no medio da vida, miro ao meu redor. As rúas das vilas non son as mesmas, non atopo os camiños na aldea e as estradas cambian de lugar.

Cando te observo non te recoñezo. Se pecho os ollos, non escoito a túa voz. Non sinto a túa aperta como miña.

Fáltanme o leite recén fervido, o unto colgado do teito, os cestos das patacas. Non vexo as xestas nas costas, o pano na cabeza, aquelas botas de dobre calcetín. Boto de menos as sábanas húmidas, a cociña afumada, mexar no curral...

Os vellos son tan vellos que parecen nenos, as nais avoas e, os rapaces, homes. Meu pai, canta dor trae esta morte pequena! Aos poucos, vainos levando.

Reflexo vomitado no río, e esa a miña cara? E este o meu sorriso? Son estas as miñas angurias (enrugas)?


Eu, que nunca mudei de terra, sinto como ela, vai fuxindo de mín.