Malos tempos


Reducíronnos... Non fai falla explicar. Xa non hai cartos para a monitora, os vellos quedan sen os obradoiros.
-Que é prioritario? -preocupado polos recortes
-Dimo ti -Lois
-Ti es o alcalde -replica Pablo
-Eu non son nada (para os de Santiago)
O que manda parece que migrou dende Peares a Madrid.
-Vaia, e que vas facer?
-Non sei, cambiarme de bando?

-A Lola...
-Non lle podo contratar a filla, non hai cartos! Non o dixen!
-Ben o sei, carallo!

O Ramón non torna a auga, pérdense os tomates, as leitugas. A Sonia decapita un par de coellos. Ten a intención de ir a botarlle a bronca a concelleira: A avoa aínda non ten ninguén que a veña a desenpolvar.

-Ramón

-Merda!
-Ramón, Ramón -incomodada- Debe andar na leira
-Temos que falar con el
-Vide outro día
-Urxe
-Pois ide ata alí
-Na do Rial?
-Supoño
-Gracias, vémonos
Polo Sanpedro a comisión ten todo o traballo. Antes non hai tempo, despóis non pode ser. A Olimpus cobra menos que a París, na carnicería do Antonio déixanlles o churrasco a bo prezo e o pasarrúas será o de tódolos anos,...

-Ramón!
-Estou aquí, hostia!
-Ramón temos que falar
-E logo?
-Precisamos do trator do Marcial para o paseo dos Santos
-Deixoumo
-Sabémolo, por iso é que vimos
-Deixoumo porque o necesito
-Só é para este fin de semana, para limpalo e preparalo. Para a tarde do domingo xa non nos fai falla
-Sinto
-Ramón!
-E por riba este carallo nunca dá nada para as festas -entre eles
-Veña ó
-Pedídello ao Manoel
-Necesítao
-Igual que eu
-Pero o Marcial...
-Deixoumo
-Ramón non sexas cabrón...
-Ide a merda, xa volo dixen, necesítoo!
-Vas ir ao inferno!
-Eu non comulgo, ben que me importa!
-Anda razoa con nos
-O luns pódovolo deixar
-Pero as festas xa rematan o domingo, Ramón!
-Sabedes que: O tempo de ler o poño eu, e os días santos tamén, así que... arrincando!
Vaia, o mesmiño que estes (meus) políticos ...