Licor do negro café


Danzar ata reventar! Non queda outra ou non se me baixa e vou ter que voltar cedo para casa.
-Elena, como vas?
-Xenial!

En exceso. Teño as veas edulcoradas, teño o espíritu espumoso... Tes tempo para botar un?

-Elena, tes lume?
-Non teño

Deixei de fumar, parvo! Deus, creo que me vou marear... Tranquila, un pouco máis.

-Elena?
-Si?
-Queres que che presenta ao Xerardo?

Xa mo estás presentando, e rápido, que non teño moitas gañas de leria.

-Ola
-Ola
-Tes lume?
-(Merda)

A boca sabe a tabaco. Bueno se non hai ninguén máis, quedo con el.

-Onde te-lo coche?
-No aparcadoiro da Praza de Pontevedra

Máis lonxe non o podías ter, non.

-Espera, tómamos un café
-Pero...
-Preciso ir ao baño
-Vale

O freo de man estame a facer dano nun muslo. Espera, imos a facer doutra maneira.

-Así ben?
-Mellor

Que ben, nin que merda! Esto non vai.

-Atópaste ben?
-Si, non

Emporqueino todo.

-Sinto
-Non importa

Pois para non importar... Menuda mirada me estás a botar...

-Lévote a casa?
-Non fai falla, aquí preto están os taxis
-Non, lévote

E levoume, e limpieille as buxías e, el, a mín, tamén.