Es ti


Tódolos anos, reservo dez días para baixar a Ourense. Non é o mellor sitio para pasar un verán, pero non o podo evitar. Incluso cando no aire cheira a fume (do monte), penso en que non me apetece outro lugar.

Neste que andamos a rematar, levei comigo o meu pc. Así que, despois de preparar o xantar e, mentres espero a que cheguen todos, miro o xornal, organizo o meu correo e, dispoño dos arquivos para adiantar traballo de cara a volta das vacacións. Despois de comer, cando os demáis durmen a sesta, eu continuo dándolle ao teclado.

Namentres da o sol non hai quen saia da casa, así que, aínda teño tempo para seguir un anaco máis. Nun deses días, o can da miña nai achégase ao aparello en si, e, como si tal cousa, ponse a lambelo. Cando xa levaba un anaquiño, a miña irmá bótoulle un berro e o cadelo quédouse mirando cara min. Na súa mirada, parecín escoitar:


-Isto és ti, este é o teu espazo...