Ti sabes



-Non me atrevín a miralo
-E logo?
-Resultou ser o mozo da Luisa
-É?
-Ti sabes
-Ah! Pero, a tí gustache?
-Non, ben sabes que non...

-Pois entón?
-Pero...
-Xasús, a ver nena, tropezastes dúas veces,... Catro ollos coincidiron a un tempo e se miraron... Pero ti dis que non che interesa, e el non parece ter interese...
-Xa
-Ou, vai resultar que che interesa?
-Non
-Entón?

Eu sei: Que mal non...Pensaches que tiñas un fan,
e resulta que non o é...

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena