Destiñados


Vai uns vintecatro anos coñecéronse dous adolescentes. Hoxe cásanse en María Pita. Ela, tres relacións sentimentais estables (incluida un casamento e o consecuente divorcio). El, recoñece duas relacións e tres fillos (todos coa segunda).


Mentres saboreamos as vieiras no pazo de A Roda, penso: Se estivesemos destiñados, por que tanta volta e reviravolta? E se fose así, e confundísemos o camiño, debemos seguir o consello da adiviña de Caranza, a 30 euros a sesión? Ou mellor lles damos os cartos ao meetic ese... Tamén hai a posibilidade de deixarnos levar polos consellos dos nosos avós: Estate quieto rapaz! Ao fin, os netos son herdeiros...

Cans e cadelas entorpecen o camiño. Enganchados entre eles. Vale, a imaxe non é nada romántica... Non o pretende, pero a que tanta leria?

En realidade, creo que non hai ninguén destiñado para nós, máis que nos mesmo.

Pero, claro, o sexo a soas, co tempo... tende a aburrir