E logo?



-E logo, onde vas?
-Aos Castros
-E logo, que hai nos Castros?
-Castros
-Ti es parvo!
-Non ó
-Entón?
-E que a Laura ten gañas de velos
-E logo?
-Ai, carallo!

Vai frío e, o coche non está para moitos trotes.

-Ves comigo ao Ancoradoiro?
-E logo?
-Quedei coa Lola
-Pois, entón?
-Non teño gañas de parar moito

Vai calor e, o coche non está para moitos trotes.

-Ves ou non ves?
-E logo?
-Vaia ó, só pregunto se queres vir

O coche rompeu.

-Para que viría!
-E logo?


E logo... merda!! Vin para empurrar, non?