A viaxe


Quédanme dous minutos para sair. Descompóñome diante do espello. O perfume ule a coco e a saia precisa un pranchado máis a fondo, pero vai así. Vai algo de calor, camiñar polas rúas de Ourense as tres da tarde é máis que unha aventura. Fatígome.

Desculpa se se me nota: Non é que non teña gañas de escribir, pero é que non se me ocorre algo realmente interesante qué contar.

As tendas non abren ata despóis das cinco e eu non entendo por qué quedamos a esta hora. No Xardín o paxaros e o home dos xeados andan agochados. Doenme os pes. As tiras das sandalias debúxanse na pel, sóbrame a camiseta.

Na parada da Alameda, non hai niguén esperando o bus. Quen se atreve? Escoito que se achega o Sete. Boto a correr. Non teño menos de 20 euros. O chófer acéptamos resignado. Tres persoas. Un home fraco duns corenta anos, unha muller inqueda co seu neno.

Sinto o descurso enlentecido: De verdade que vai moita calor.

-Tes un eiro?
-Como?
-Dasme para un bocadillo?

No retrovisor, os ollos do conductor. As ventás abertas e o aire posto.

-Non teño
-Veña

Nas rúas apenas se ve a ninguén. Quen me mandaría facer caso ao Lois? Sube o inspector.

-Billetes, por favor

As dúas mulleres sacan os bonos, mentres o home fraco revolve no seu peto. Mostra un anaco de papel enrugado.

-A próxima vez gárdeo mellor, case non se
-Non me toques os collóns

Ignórao e diríxese ao seu compañeiro.

-Xefe!
Non hai resposta.

-Xefe, ten algo para un bocadillo?
-Séntese

Vai calor: Entre outros, ule a alcohol e a suor.

-Xefe!
-Estea calado, onde ten que baixar?
-Nas Lagoas. Ten unha moeda?

Xuraría que a muller co neno, baixa alomenos unha parada antes. Eu aguanto, son case corenta graos...

-Ten un eiro?
-Deixe de molestar a rapaza
-Eu non a estou molestando

A espuma da boca da un pouco de noxo, pero non aparto a mirada. Por educación?

-Séntese, vai caer. Onde baixa?
-A vostede que lle importa! Xa llo dixen!

A temperatura sube aínda máis e alguén chama ao ceronoventaeún. Na parada das Lagoas, un coche da policía local.
-Será fillo de puta!

O sangue chorrea quente. Os berros escóitanse na Chabasqueira.
-(Por qué lle fixen caso ao Lois? Quen me mandaría a mín coller o móbil?)

A estrada arde, a ambulancia non perde tempo nos semáforos, a policía non me deixa marchar. Estou cansa, quero vomitar, teño medo de pensar...