Trinta e tantos



...case corenta. Diante do espello, completamente espida... Por que non? Vai calor...


Celulite xunto ao embigo, estrías un pouco máis abaixo das cadeiras... Pestanas brancas.


A mirada pasivo-agresiva, o sorriso de comodín. Unha nómina. Máis de oito horas. Porque si, porque non desgravo por ninguén...


Un café coa nai do neno doutro.
Un baile co fillo da túa excompañeira de promoción.