Por unha boa causa


-Espirse? Por canto?
-Precisamos uns tres mil euros
-Non é moito. Teriamos que conseguir máis
-E que queres? Nin que foramos Cloony ou Pitt!
-Home, o Brad, non che sei, pero dame que o Cloony espido, non debe valer moito...
-Poida, en calqueira caso a el lle pagarían máis...
-Iso si. E ao final quen as fai, o Román?
-De principio si... Se rebaixa o que lle dixemos...
-Non, se ao final...

-Mira, se queres o deixamos...
-Bueno, ó. Non te enfades!

Son as tres e media. No estudio vai algo de frío. As risas son moitas, pero hai algún que ten gañas de fuxir.

-A ver, que saia Nacho Vidal!!

Algún inda mira como buscando ao Nacho ese.
-Acabamos xa! -enfadado

Vaia merda!, vaia merda!, pensa o Xerardo. Non se atreve a comparar. Leva sen durmir dende que ao Ricardo lle deu por esta leria. Tentou baixar algo (algúns quilos), pero aínda o facía peor. Deus bendito! O Lois é puro óso, e depilouse todo!

-Carlos, axiónllate un pouco
-Así?
-Jaja, vaiseche sair?
-Jaja
-Xerardo, estás ou marchaches?
-Estou, idiota!

Será paspán! Vou marchar...

-Veña, que xa son as cinco...
-Lois, impórtache porte diante?
-Jaja, que non se che ve!
-Jaja, vouche dar unha... Valas levar, cala un pouco!
-Xerardo, ti a esquerda do Ricardo

Alá imos...

-Cantos se venderon?
-Uns vinte
-Inda imos ter débedas
-Non ó
-Home, ti dirás...
-Esta tarde o Román vai a tele local, e parece que vai falar de nós
-E se quitamos ao Xerardo do calendario?
-Como?
-Co fotosop ese
-Pero ti!
-Home, poderíamolo cambiar polo Lorenzo
-O Lorenzo non é de Cabeza de Vaca
-Xa, pero o que importa é vender
-Poderiamos facer un suplemento
-E quitamos ao Xerardo
-Si ó, e quen llo dí
E dixéronllo: -Por unha boa causa, eu quitábame, pero a Lola riuse moito! E ti, total, a túa nai non creo que se sinta ofendida... -Seredes fillosdeputa! O Lorenzo é de Rabo de Galo...-Qué máis da...
-Fillo
-Si, que queres?
-Merquei o calendario ese
-(Merda) Non che dixen que ao final non quixen facelo
-Pero si estás aquí
-Como?
Non o podo crer!, corre a coller o móbil
-Si?
-Mecagoendiola, son Xerardo!
-Que tes?
-Que carallo fixestes?
-Non che gusta?
-Ese non é o meu corpo!
-Jaja
-Voute matar!
-Ao Lorenzo non lle importou...
-Polo que cobrou, non?
-Jaja (trescentos)
-Ese son eu
-Ai, si? Pois hai algo, non sei, non pareces...
-Queres comprobalo?