Bordeando a autoestrada


De feito, non é que quede moito, pero xa andamos cansos. O Miguel e máis eu. Por riba teremos que esperar a autopsia, antes de que por fin o podamos meter no cadaleito. Xa van dous, coa mesma leria. Se morreran no hospital, todo sería máis rápido, pero empéñanse en quedar na casa...

Vai calor, e as frores van murchar, non vai ser o mesmo. Ven o sei. Se non enredaran tanto. Total para logo botarlle terra por riba. Que carallada!

Miguel, que pensas? Que imos facer mentres esperamos? Tes cambio de cinco? Vou por unha rubia, ti queres outra? Toma. Que non van acabar antes das cinco! Merda! Ves a tomar un café? Eu son incapaz de durmir no coche... Non por nada, aos mortos non lles teño medo. Despois de tantos anos... Pero algo de respeto, si.

Queres un donus? Deixa, xa mo darás. (Vaia, qué guapo pareces así medio durmido.) Pareces un neno. (Riste?) Enfriou algo a noite, pero non moito. Non preciso a túa chaqueta. Bueno.

Qué frío está o metal... Non me atopo, estou incómodo. Non quero achegarme. Estou canso para xogar. Miguel!
Xa está! Xa o fixeches! Faite gracia? Pero, que fas? Non querías durmir? Deixa. Teño cóxegas, e andas a molestar! Descansa un pouco, ó...
Tes un clinex? Sangro moito? Vou sair. A qué vai ser, a mirarme ao espello... Déixame. Miguel, xa o fago eu, deixa o clinex... Vou manchar a camisa, e logo qué vai parecer... A familia aínda me vai a confundir co forense...
Non teño lume! Joer, sigo a sangrar... Trinquei o labio. Inda vou a entrar en Urxencias para que me poñan un ponto. Que non! Xa o fago eu!
Aquí, si, non o ves? Miguel, Mig...