Si... quero


Algúns casamentos son máis de conveniencia que outros. A min conveume cobrar 6000 euros no mes de abril do 2008. Igual que a ti che convén agora por o vestido branco en Castrelos. Por que me ía enfadar?

Eu xa tiña os cartos gastados, antes de ser cobrados. Ti xa tes manchado o vestido, de pisalo antes de mercalo. Pisáchelo comigo fai uns meses cando despois de sorrirme, compartimos unha raia no coche do Alfredo.

Eu xa perdera diñeiro antes de rematar a cerimonia coa Chilena. Ti xa comeras a tarta nupcial co de Cambre, despois de deixar ao Alfredo no aeroporto.

Eu xa me separara antes de consumar. Ti xa perderas o anel coa Lorena, no motel o que foras co Alfredo no verán anterior. Eu xa cho dixen. Ti xa mo dixeras. Eu xa te perdín, ti xa escolleras.

Así qué máis che da, que cando vaia a follar coa miña esposa, eu lle pague antes de marchar...
Bicos meu amor, que che senten ben as perdices!