Gañaches!


-Un, dous, tres, catro...quince, dezaseis
-Lourenzo, ves comer?
-Agora non
-A comida vai enfriar

-Pois que enfríe...- baixiño, para si mesmo- Vintetrés, vintecatro
-Ves comer?
-Merda! Que non! -berrando- Once, doce
-Ves ou non?
-Merda, xa che dixen que non!
-Pero vai enfriar
-Pois que enfríe

Quedan dous días para a Carreira dos vellos. O Lolo anda picado porque a Noelia di que non vai. Cousas do Paco.

-Por que non ves?
-Porque non podo
-Mándao á merda!
-Non é por el, e que non podo
-E por que?
-Porque non, hostia!

O Lolo perdeu o ano anterior e quere a revancha. Anda como tolo a seguir a Noelia. O Paco vai enfadar.
-Deixa correr á Noelia
-E quen llo impide!
-Que nos coñecemos!
-Vai ao carallo!

As listas de inscrición xa estan pechadas, pero ninguén lle impediría que se anotase. Quen ía perder a oportunidade de voltar a ver correr ao Lolo contra a Noelia. As regras eran o de menos.

-Noelia, non vai descansar.
-Pois que non o faga.
-Pero, e logo, por que non corres este ano?
-Porque non podo
-Pero...
-Non podo, xa está, non podo!

Dan bo tempo. As medallas e os accesits están contados. Ninguén sen premio. Son votos.

-Que queres cear?
-O que vexas
-Uns ovos con patacas
-Bueno, por que non vas correr este ano?
-Paco, ti tamén
-Vanme tolear
-Bo, déixao

As empanadas e o pan están encargados. O viño e as fantas, gardados. A carne nas neveiras. O lume para as brasas anda a comenzar a prender.

-Onde vai o Lolo?
-Na corte, queres que o chame?
-Pois claro, dille que o Lourenzo necesita a súa medalla
-E logo?
-Perdeuse unha. So é emprestada ata que merquemos outra a semana que ven
A Teresa non volve. O Lourenzo vai ter que ir por ela. Coa presa que ten!
-Teresa, que ocorre?
A muller non responde, está tirada no chan a carón dun home. Os berros coménzanse a escoitar entre os veciños.
-Noelia! O teléfono, o Lolo...
-Xa chamei
O Lourenzo mira á muller. Na última carreira o Lolo enrabexara. O Lourenzo escoitara como a ameazara: -Eiche gañar, aínda que sexa o último que faga!

-Gañou
-Que dis?
-Chegou antes

Así como as oito da mañá, a muller espertou ao Paco:"-Quédache o almorzo no mesado, quéntao no micro." Voltou sobre as nove e media. O Paco estaba a erguerse. Escoita a Noelia ao teléfono.

-É o 112? En Cabeza de ...
-Que ocorre?
-Noelia! O teléfono, o Lolo...
-Xa chamei

O Paco botou a correr cara a casa do Lolo.
-Gañou

O Lourenzo quedou calado. Miraba á Noelia. A medalla colgaba do seu pescozo.