Tropezando

Tropezando de novo contigo. Coñezo esa mirada. Fixa en min. Eu xa a fixei en ti, outras veces. Non te desexo pero, es tan bonita!
Non podes enfadarte comigo, non podo ter ciumes de ti. Es miña amiga, son túa amiga. Pero cando, pasan uns días sen verte, parece como se voltase a descubrir eses ollos, a altura dos teus tacóns, a túa cor favorita. Como se despertases comigo, e ao erguerme, curioseases o que eu son, a forma das miñas cadeiras, o meu perfume favorito, a miña colección de pendentes.