Cul de sac

Novo goberno, toca varrer. Os empregados do Concello de Cabeza de Vaca andan a esperar ordes, as prórrogas dos plans se suceden. Teñen que afacerse ao sillón. Seica non vale o que se fixo, seica que debemos voltar a caligrafía dos Cadernos Rubio.


O técnico de Augas precisa de varias sinaturas. Hai veciños a esperar as autorizacións disto, daquilo... Hai unha empresa que anda a rondar aos novos inquilinos, teñen unha mostra no penth.

-Tedes razón, aforrar aforrades... da xente da casa
-Xulio...
-Estes paspáns de Segovia, que viñeron tan de lonxe...Que dicides que nos van a ensinar?
-Tranquilízate
-Seica o anterior non serve, que hai que estudalo... -sorriso burlón
-Baixa a voz -enfadado
-Por que exactamente lle vades a pagar dos nosos presupostos? Para refacer a páxina (web)? E logo que ten de malo esta?
-Temos que dar unha nova cara ao concello -tenta dicilo con tranquilidade-, facilitar aos nosos veciños o contacto connosco...
-Ah, e logo esqueceron petar nas portas da Alcaldía?
-Pero hai outras maneiras...
-Que nos van a mostrar os de Castela... Non me entendades mal, non teño nada en contra destes mociños...
-Pois se ti o sabes todo!
-Si sei unha cousa: Sei que as suxerencias non as vou meter na web... Vas metelas polos web-os!!