De confidencias


O último que esperaba na miña vida! Atoparme a moza do home que amo, no baño de señoras do Repouso. Bueno o de amar soa un pouco forte, pero é que cada vez que o vexo...
Como ía dicindo, foi horrible encontrala, pero aínda peor... estaba a chorar! Vaia por deus, si que é mala sorte!

-Oe, precisas algo?

Bótame unha mirada de rancor e volve coas bágoas.

-De verdade, queres que chame a alguén?
-Non -hipando
-Entón, traioche un vaso de auga?
-Quero que desaparezas!
-(Ei)
-Que non che pareza mal- controlando o autocontrol
-(Non ouó, soamente un pouco)
-Con iso acabaríanse os meus problemas co Nando
-Pero...

Non puiden. Mireina directamente aos ollos, brilantes polas bágoas e o alcohol. Quedei apampada, pensando sen pensar. Sentín, creo, unha mezcla entre soberbia e noxo por min; e tristura e vergoña por ela. Non puiden deixar de facelo...

-Prométocho!!

...Perxurar a esa muller que me afastaría, porque segundo ela, estaba a perder ao "seu" home pola miña culpa. Un dicir.
Miña nai! Alí quedei. Sentada no máis que frío chan dos servicios. Frío que non templou a confusión.

-Pero, que fas?
-Alucinar
-E logo?
-A moza de Nando díxome que por min, tiñan problemas.
-Que me dis?
-O que escoitas!
-E que vas facer?

Durante uns segundos estiven en shock. Espertei ao mesmo tempo que percibía o sorriso da miña amiga.

-Que farías?
-Veña nena!
Sinto, non é contigo, pero é el.