Algo cheira



-Cheira mal, e é aquí, non en Dinamarca
-Onde está o cadáver?
-Non chancees con esas cousas
-Non queda outra -encollendo os ombros e a mente

Nos últimos dous ciclos políticos, a maior parte dos esforzos foron parar a empresa do Domínguez e a do Ortega. O volumen máis importante de fondos europeos, desembolsados en proxectos capitaneados por estas dúas fábricas. E a comarca anda a apuntar aos seus fillos no instituto ou na academia para facerquefan unhas oposicións. Tamén os vellos van ao instituto, a nova beca chámana PRODI*.
-Todos recibiron
-Todos?
-O Ramiro mellorou a conexión a Internet no seu bar, a Malena anda a cotizar como coidadora, o Castelo cambiou o sistema de ordeño na súa granxa...
Claro que polo que lle dan polo leite, mellor lle tería mirar a minusvalía e cobrar por incapaz. Incapaz de morder a lingua e aguantarse as gañas de darlle unha hostia a máis dun.
-Propinas!!!
Esmolas.
-Pero...
-Revisa os papeis, mira cantos cartos... Cantos cartos na merda!!!

No despacho son as oito da mañá, o señor alcalde de Cabeza de Vaca e o de Rabo de Galo veñen en hora e media, queren saber se quedan cartos que roubar a Santiago, a Madrid, ou a Bruxelas...a quen sexa.*

-Ricardo
-Boas
-Como andan as cousas?
-Pois xa ves, o Lolo aínda non chegou?
-Aquí veño. Bos días, podemos comezar

Non pode ir peor, ou si? As cousas non sopran ben para as candidaturas. Andan os lobos* presionando e, a oposición leva quentiñas as mans.

-Non o podo crer
-E logo?
-O imbécil do Ortega! Levo dous días tentando falar con él...
-Xa somos dous
-Anótame a min tamén

Estará de baixa... por dor moi forte na conciencia.

-Chamei a Santiago, non hai que facer... Din que Madrid reduciu os presupostos, e que non chegan para pagar o que non se fixo...
-Estes carallos!

Corren malos tempos para todos, para os políticos, algo menos...


*Instituto referido ao Centro de Formación e/ou ao INEM. PRODI, prórroga extraordinaria do paro
*Referido a "lobbies"