Soldadiño de chumbo, soldadiño


Vai frío, a chaqueta está mollada. O sarxento mira de reollo.
-Soan tiros fora.
-A metralla ven de España.
-Non tiña nin idea.
-Imos cara a oficiña, igual cambiaron as cousas.
-Dubido.

Canto máis me suxeitas, máis medo teño de caer.*

-Ramiro, e logo a Elvira segue en Bosnia?
-(Avaneando a cabeza dí que si)
Escureceu demasiado pronto. As beirarrúas non protexen aos peatóns.
-Fodíchela ben fodida!
-E logo?
-Criches que isto era un paseo...
-Pagan ben
-Se ti o dis
Orballa no Galo. Vai algo de aire.

-Ramiro, e logo a Elvira, segue en Bosnia?
-(Si, avaneando a cabeza)

Queda un furgón na praza. Disque é o da "gallega".

-Non me queda tabaco
-Que carallo!
-Está a falar soa, soldado?
-Non, sarxento
-Tou
-Quere un pitillo?
-Grazas
-Para cando lle deron o permiso?
-Aínda para dentro dun mes

Non quedan castañas no Souto. Venderonas todas, este ano houbo poucas, e saíron ruís.

-Ramiro
-Si, si... veu a Elvira!!!
-Ramiro...
-Quérela visitar? Vai vela ao camposanto!!
*Pensamento roubado do último disco de Bebe