Os nenos do mañán ... todos uns fillos de puta


Lolo mercou a entrada por internet, colleu o tren no apeadeiro de Rabo de Galo (antes deixou a bici ben amarradiña cun candado no alpendre do Xurxo, xunto a mobilette do seu pai) e, chegou a Ourense sobre as dez e media da noite.

Os rapaces xa o estaban a esperar. A Rosa, o Javier, a Pili e a Lorena, estaban arrimados a parede, fora, onde o aparcadoiro. Algún estaba a fumar, outros a falar. Colleron o tres ( a liña de bus) cara o Fábrica Club, xusto en fronte.

A Lolo repartiu as impresións (entradas) entre os amigos:

-Agora que cada un se encargue da súa.

Ata as tiñas recortadas, todas co nome de cada un. Algún púxose a revisar a ortografía, non fora o carallo que por unha til...

-Miña nai!

A cola, media hora antes de que supostamente comezara o concerto, daba a rúa Pomba, case onde a farmacia. As risas dos mozos eran de sumisión.

-Non "ó", non comenza as once e media- comentou o Ramón que levaba un anaquiño


Foi certo, ata unha hora e cuarto despois non se soubo dos Franz Ferdinand.

-Nada de cubatas!
-Co pouco que me gusta a cervexa...
-Pois se queres continuar a noite... É garrafón, e, garrafón do peor!

Audio terrible, local a reventar...

-Vas caer
-Dame a cámara
-Nada, saen fatal
-Non se ve unha merda!

O Ramón non fixo caso e aos corenta minutos... A xenebra era gasoil.
-Pásamo, non estás ti so...
-Quen o fixo?

Sinalou a Lorena, que nese momento andaba a berrar a Kapranos.

-Botaron a Ramón! Parece que entrou nos baños das rapazas.

Os mozos, achegaronse aos porteiros. Ramón tiña a cara do neno que era, estaba calado escoitando ao que parecía o encargado.

-Deixádeo voltar
-Calade
-Porfa...
-Queredes sair vos tamén?

Vinte minutos longos como vinte horas, os porteiros, o Ramón,... ao outro lado. Vinte minutos, a Rosa, o Lolo negociando co (imbécil do) Luis.

-De verdade, deixao entrar.

Morde a lingua, que o cara de can (o Luis), non ri. O que si riu foi un camareiro. Mataríano.
-(Xa te collerei!)
-Imos?
-Isto é unha merda?
-Está fora, esperando
-Seino
-O Ramón é idiota
-E este sitio é unha merda crabada nun pao

Ao inspector non lle interesa ver. Nin ti tes autoridade, nin eles vergoña.

-E logo que tal o concerto?
-Na puta Fábrica non entro máis!!

Vas entrar, vas... E vas voltar a mal escoitar mala música, e baixar as orellas moi abaixo case ata os xeonllos. E senon que llo digan ao fillo do alcalde, que é o que anda a encher os petos mercando a merda que bebemos.

-Canto é?
-Nove euros
-A cocacola está fría?
-Non quedaba
-Veña, trae para acá o negrita
A unha da mañá na praza de Pontevedra. Vai algo de frío, de momento parou de chover.
Noraboa, mister.
(*) Título roubado con descaro dos Love of Lesbian