O cú da lúa


Estratéxicamente colocada. A carón da porta dos baños.
Perfume de fin de semana, esguince doente, suxeitador e braga da mesma cor. Amigas revoloteando, licores de falsa primavera marcando o ritmo, benvidas conversas de conversas.
Álvaro anda a achegarse de vez en cando.
-Escoitas?
-Si, pedina eu
-É o Ferreiro
-Éo

É como si me quixera lembrar, que fixemos algo xuntos, e que iso nos enreda a ámbolos dous especialmente.

-(Álvaro, qué so foi unha noite)

Lolo acaba de chegar, anda a mirar para mín. Acabo de darme conta.

-Ola
-Ola
-Qué fas?
-Disfrutar un pouco

Parece que a Lolo lle gusto, e por iso cree que iso nos enreda a ámbolos dous especialmente.

-(Lolo, a min non, sinto)

Xurxo anda cos do Calpe. Achega os seus ollos aos meus cando lle peta e cando non, mándame ao carallo.

-(Xurxo se esta noite me dis que nos vaiamos xuntos, eu pensarei que ámbolos dous andamos enredados)

Carmela, xírase. A Nela marcha co Xurxo, o Lolo coa Natalia e ao Álvaro só lle apetece un durmir.

-Imos?
-A onde?
-A ensinarlle o cú a lúa!
Contigo amiga, contigo si.