Dende a outra beira



Finaliza un novo ano e ando a pensar se os amores que non foron, son para contar. Das trescentas e cinco noites que tivo o 2009, menos dun tercio delas paseinas apertando outra pel. Sen embargo a metade si que as pasei añorándoa. Non sempre pensei no mesmo home. Non son tan parva. De feito, cando repito demasiado o mesmo durmevelas, sinto algo de noxo. Os amores platónicos danme repelús.

Pero hai un que me produce anguria, por riba dos outros. Sei que casou fai un ano, e ten un neno. En calqueira momento encargan a parexiña, supoño. Vémonos todas as tardes, de luns a venres, a iso das oito e media. Xusto no semáforo do Parque de San Lázaro, baixando República do Salvador. É algo maior ca eu. Para quen non o saiba, son da xeración nacida nos setenta, ano enriba, ano abaixo.

Volvendo ao caso, con el pasei por todas as fases:

A primeira, a do coqueteo: Con mirada de "interésaste por min?"

A segunda, a de "mandoo a merda": Desaparecendo, ao mesmo que alongaba as horas extras (sen cobrar, por suposto).

A terceira, a de "vou a por todas": -Está no Auriense, veste?

A cuarta, a de "deixame en paz, bobo": Ollos esquivos, de "non quero saber de ti, aburres"

A quinta, a de volta a empezar: Retando coa mirada para dicir "aquí estou"

Con todo isto, pasaron duas veces, doce meses. E como si se tratase dun mal remake de Esperando a Godot:
Eu, tódolos días antes de sair da oficiña, repito o mesmo ritual. Mírome ao espello, retoco o cabelo, as pestanas... Examino si a blusa me queda ben coa saia, o pantalón coas botas... E camiño paseniño cara o meu semáforo.
Algunhas veces penso en deixar a quen nunca tiven, pero logo dígome... Que mellor potingue anti-idade! Que mellor anticelulítico! Unha intriga, uns ollos ao lonxe, e eu... sorrindo. Non estropeemos a secuencia...
Non te achegues nunca, meu amor!

*Imaxe de "En attendant a Godot, Samuel Beckett"