Peter Pan


-(Teño un cepillo de dentes e goma de mascar... O que non teño son suficientes pañais)
-Ola, que fas?
-Estou aquí con Lola e Salomé -disimulando a acritude- (Perdoa que cando penso en ti, me volva tan machista)
-Nos tamén estamos dando unha volta

Sorrío sen gañas.

-(Nin sequera chegaba á media, e perdoa, xa o dixen, póñome moi machista)
-Ola, perdoa -esta amiguiña é rubia- imos ir ao Candinga
-Agora vou
-(E ao final non puideches nin arrincarme medio orgasmo.) Levo tempo sen verte
-Fomos as festas a Oviedo
-(Segues a coleccionar amigas? Seguro) e, como che vai?
-Moito traballo, pero ben, e ti?
-(Aburro, de verdade. Non era tanto o que pedía.)

Vouche contar baixiño. Achégate: "Hai un tipo que me alporiza especialmente: O homehappy.

Seica é o mellor para montar unha festa, fala con todas (e todos), bébeo todo tamén (e se fai falla o respira). Fai fotos con nocturnidade (sabe darlle a función sacarollosvermellos, na cámara e fora dela), aconséllate ver Os Crevinsky, anota o teu mail, fálate do último single de Massive Atack (ese en que sae un toureiro e o seu touro), agrégate ao seu face (xunto con cen mozas máis, os pubs de moda e outros enlaces varios...)

Pero non te trabuques, muller desconfía: Non fagas plans nin para un polvo!!!
"