O último mohicano


-E logo cando foi?
-Nantronte
-É incrible
-Pois si
-En fin

A cadela do Gumersindo morreu. A nova autoestrada comeu os seus ósos. Ven dende Madrid e pasa por Tui, cara Portugal. Teño unha dúbida, se tirase da miña gorxa, podería tragar?

-Contamos mal
-E logo?
-Co do Couto
-Non importa, agora eles xa fan todo

A casa do Gumersindo foi derrubada. A nova autoestrada comeu as súas pedras. Vai de Tui a Madrid. Teño unha dúbida, se te arrincases a lingua, como se vería a túa boca?

-Chegou o Gumersindo
-E que tal?
-Cobrou e marchou
-Vaia

Sentadas na escaleira da casa da Manuela, duas mulleres elípticas falan das súas cousas. Logo se erguen, toman o camiño cara as súas casas, cadansúa co seu caxato, cadansúa arrastrando os pes e as súas memorias.

-Teresa, Flora! Lévovos?
-Gracias, non fai falla
-Veña, subide
-Non temos presa, graciñas
Hai quen chora a morte do mohicanodedanieldaylewis, e se esquece da súa.