Amor nestes tempos



Soio escupir veleno cando falo de políticos, de curas, incluso se tes paciencia, lerás o pouco que che me gustan os médicos. Pero sobre todo, gusto denoncrer no amor, aínda que sempre que poido, tento disfrutar co sexo que me ofrecen de balde os afectos do próximo. Suliñado (non poido pero se poidera) e con negrita: tento desfrutar. Sen embargo hoxe vou dar un xiro.
Haiche unha veciña de Cabeza de Vaca que quere casar. Isto non é para tomalo a broma. Éche moi serio.
Fai máis de vinte anos que se coñecen, foron ao mesmo colexio, xogaron no mesmo patio, coidaron as mesmas vacas, correron nos mesmos montes. No verán, mollábanse no mesmo río, e no inverno recolleron as mesmas castañas.

E vai onte e me espeta:

-Voume casar
-Co Horacio?
-E logo con quen vai ser!

As súas nais mandábanos sair ao camiño detrás do mesmo panadeiro, vacináronse no mesmo practicante, tiveron o mesmo médico, bautizounos o mesmo cura... Foron no mesmo taxi a discoteca, e logo no coche de Martín ata que o mercou o Horacio. No mesmo coche, salvo cando estiveron enrevechados por a Nela...
Fumaron e beberon o que podían e o que non, no mesmo Orzás, ou detrás da tendabar, xunto o río. Mercaron as "gomas" (bueno, mercounas o Horacio ata que a Manuela comezou a usar a pílula) na mesma farmacia, foron as mesmas festas detrás da París e da Panorama...
E agora...

Van compartir (ata morrer?) as mesmas sábanas!

-Felicidade, miña ruliña!
-Dilo con sorna?

Eu?!