Alén

Brasil non está moi lonxe si o pensas. Sobre todo dende o calabozo da comisaría.

-A que te adicas?
-Vocês nâo sabem?
-Cal é o seu medio de vida?
-Joer, prostituta
-Ten papeis?
-E perdi meus documentos, roubaram...
-Fixo a denuncia?
-Jaja
-Señorita, -enfadado- como se chama?
-Amália
-Anos?
-Vinteoito
-Domicilio?
-Na rúa do Pombo número quatro

Fai dous días que vive alí, fai tres que o Alexandre se desfaceu dela. Hai unha que o contratou como portador de esperma. Levou todo o paquete. Mala sorte.
A Amália coñeceu a Lorena no bar Amencer, fixéronse "amigas". Dende entón fan plans: Anuncio na prensa, traballo por quendas. Cada quen co seu.
A Lorena ten o seu Alexandre, chámase Alberte. Os dous andan no negocio. Os vellos chaman cada vez menos ao Alberte, o mesmo que a Lorena, está a perder.
A eles tamén os para a policía. Media ducia de veces a semana. A merda que poden vender non da para un café. É cuestión de foder...
Están todos en comisaría, cada un co seu.
-Quarenta e cinco euros.
Polvo exótico por algo menos dun gramo.
PD: Hai múltiples estatísticas sobre o número de persoas que andan irregulares no noso país. Presupostos que buscan mellorar a imaxe da nosa moral. Fálase de mulleres escravizadas, de homes terribles...
E mentres, o teu fillo aprende a contar, dende a ventaíña do voso coche, os clubes ("casas con luces") que vos atopades na estrada, dende Tui ata Ribadeo...