Tas aí??

Que esperas que escriba esta noite? Ideas a trazos suaves... Sen rematar... Como me queres sentir? Triste, enfadada... ou todo o contrario? Ata onde queres que chegue? Preto de mín ou de tí?
Non me tolees, non me entendes. Teño buratos na mente que non poido taponar. Hai coordeadas cheas de buracos negros, triángulos de Bermudas, difíciles de disimular.
Seino, os feeds non funcionan, pero ti durmes comigo esta madrugada. Coa muller do sombreiro horteira.
Grazas e ata a próxima. Benvida. Benvido. Sempre.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena